XXV Campionato Galego de Natación adaptada

O Concello da Cañiza acolleu unha nova edición do Campionato galego de natación FGDA. Unha longa xornada de catro horas na que se disputaron un total de 48 series das 31 probas programadas para os máis de 200 nadadores/as dos 16 clubes que se deron cita nesta nova edición. Unha xornada na que os nervos estaban a flor de pel e na que todos/as puxeron o mellor de cada un tartando de mellorar as súas marcas persoais.Queremos agradecer a colaboración do Concello de A Cañiza así como ao persoal da piscina municipal, que poñen todo a nosa disposición para que os nosos deportistas desenvolvan a súa actividade en unhas condicións idóneas.