Retribución de altos cargos

A.- Retribución de altos cargos

Retribucións anuais (soldos e dietas) dos máximos responsables federativos:

A Federación Galega de Deporte Adaptado non realiza ningunha retribución nin mantén ningún contrato nas categorías de Altos Cargos ou de persoal de Alta Dirección que exerciten poderes inherentes á titularidade xurídica da entidade.

Así mesmo ningún dos cargos electos, membros da Xunta Directiva salvo o Presidente reciben retribución algunha en función do seu cargo.

O Presidente poderá percibir retribución conforme a acordo de Asemblea e cos límites que a mesma estableza.

B.- Compensacións por gastos de locomoción, manutención e estancia.

A Federación pode atender ós gastos de dietas, estancia e quilometraxes dos membros da Xunta Directiva, vogais e delegados, ou persoal laboral, sempre de forma xustificada e por importes iguais ou inferiores aos recoñecidos coma máximos exceptuados de gravame (segundo Arts. 17.1 d) Lei IRPF e 9 do Regulamento do IRPF; ou outras que os substitúan).

Desta información haberá cumprida xustificación nas Contas Anuais.

C.- Retribucións do persoal laboral.

A FGDA pode ter un Staff Profesional constituído por persoal laboral en cargos administrativos e/ou técnicos.

Este persoal será retribuído conforme á Lei e os seus emolumentos serán informados con cumprida xustificación nas Contas Anuais.